A cultura é de tod@s!
Trebella é un espazo vencellado á cultura, a creación ao arte, á sociedade. Un lugar flexible, no que presentar un libro, pintura ou escultura, o que ti elixas. Aquí queremos reunirnos, de xeito humilde, gozar das cousas fermosas, que forman parte de nós e dar a oportunidade a que ti poidas facelo, coa túa xente.
2.2.19 • Inauguración de Trebella
En Febreiro do 2019 Lares presentou un proxecto único: o espazo de traballo “Trebella” para empresas e profesionais en Cangas do Morrazo. Un evento irrepetible no que centos de amigos, clientes e curiosos se achegaron a coñecer o local e tamén a vivir connosco este momento.
13.3.19 • O Museo do Videoxogo
O Museo do Videoxogo comezou a expandirse e expoñer tamén en Trebella pouco despois da súa inauguración. CricktoGame e os vigueses de Polygon-e visitáronnos nun día mooi interesante.
6.06.19 • Hilvanados Caminos
O espazo achegouse todavía máis ao arte e literatura chegado o Outono. As nosas paredes foron testigos da presentación de “Hilvanados Caminos” de J. R. Bustamante, contextualizado por unha exposición de arte de Joseba Plazuelo, o ilustrador da obra do autor portugués.
20.08.19 • Atalogo Joseba!
Joseba Plazuelo despediuse de Galicia expoñendo en Trebella, cunha exposición vibrante na que o espazo volveu vestirse coas mellores obras do autor.
9.11.19 • “La cadencia de tu vuelo”
Metidos no inverno e xa mirando a 2020 J. R. Bustamante presenta o libro de poemas, publicado en diversidade de linguas e países. Unha celebración fermosa, na que poesía e música dialogaron dun xeito máxico.
8.2.20 • De hoxe nun ano
12 meses despois quixemos celebrar, cunha exposición de arte moi especial, o nacemento do espazo de traballo. Begoña Pastoriza e Freddy Enguix deleitáronnos cunha exposición de arte realmente fermosa. Obras que xa forman parte, dun xeito ou outro de Lares.