Foto e arte.

Materia Prima Fotoarte é unha empresa de fotografía, vídeo e deseño gráfico que ofrece os seus servizos tanto a empresas como a particulares.

O estudio ten a súa sede en Cangas, Pontevedra, aínda que ofrece os seus servizos por toda a provincia e arredores.

Servizos a particulares

Calquera temática desde embarazo, recén nacido, sesións familiares, con mascotas, libros, espidos artísticos, etc.

Actas de bautizos, comuñóns e vodas.

Prezos moi competitivos e alta calidade, cun trato próximo e detallado.

Poderás facer todos os preparativos que precises para o gran día, coa comodidade de telo todo nun só lugar e contar cun asesoramento profesional.

Fotografía, vídeo, deseños de invitacións personalizados, photocall, fotomatón, pre-voda, pos-voda, detalles para os convidados e moito máis.

Marcos, álbums, fotos de pasaporte instantáneas, reveladas, restauracións e gran variedade de agasallos fotográficos personalizados como cuncas, coxíns, mantas, etc.
Gran variedade de materiais de impresión para decorar espazos, xa sexa unha casa ou unha empresa, como lenzos, kapafix, acrílicos, PVC, etc.

Formación individual ou grupal, tanto fotográfica como de vídeo, moi dinámica, dende cero, con material incluído.

Servizos en centros educativos

Materia Prima Fotoarte está especializada en facer orlas universitarias, institutos, escolas e centros infantís.

Tamén crean contidos audiovisuais como reportaxes fotográficas e de vídeo en graduacións, ceas de gala, festas de fin de curso e outros eventos escolares.

Recordos escolares en datas como Nadal, entroido, fin de curso, etc.

Formación grupal tanto en foto como en vídeo, no centro escolar, moi dinámica, dende cero, con material incluído.

Agasallos personalizados para profesores e alumnos.

Proba Trebella gratis

Sabémolo, as cousas hai que probalas. Contacta con nós e ven probar Trebella por un día sen pagar nada.