EDZ

ELISA DÍAZ

Facer do teu proxecto o seu proxecto.

Tras unha intensa e gratificante fase inicial; Elisa pasa por varios estudos de recoñecido prestixio, moitas colaboracións e varios anos adicados á divulgación de obras de arquitectura sostible, comeza a súa etapa máis persoal.

Dende o seu estudio de arquitectura adícase ao deseño e á dirección de obra de proxectos propios, de diversa natureza e aberta a todas as escalas, en cualquera parte de Galicia/España/onde precises!

  • Obra nova

  • Rehabilitación e reforma

  • Deseño interior

  • Urbanismo e paisaxe

  • Arquitectura efémera

  • Exposicións

Empatizar coas persoas.

O principal obxectivo de Elisa é empatizar coas particularidades de cada cliente e inspirarse no emprazamento, buscando sempre unha ligazón coa Natureza, co novo e co vello, co sensorial e o racional…

Para ela cada lugar ten un peso, e proxecta en función dese peso. Interésalle a relación entre o interior e o exterior, por iso trata de que os seus proxectos non se aillen e á vez teñan vida interior.

Aprecia a calidade en todos os aspectos da vida, desfruta dos pequenos praceres, gústanlle os animais e as prantas e a súa actividade favorita é liberar endorfinas.

Proba Trebella gratis

Sabémolo, as cousas hai que probalas. Contacta con nós e ven probar Trebella por un día sen pagar nada.