Comer, pasear e máis

Comer e pasear (eat & walkabout) son dúas das actividades que ofrecen e que combinan á perfección, de aí o seu nome.

Os guías gastronómicos de E&W levan buscando durante anos os mellores lugares para camiñar e gozar da comida e bebida de todos os diferentes tipos de cociña durante as paradas.

A súa idea é amosarche unha perspectiva distinta dos destinos que ofrecen, estilo Slow Way Food Touring!

O seu terreo é a costa sur das Rías Baixas de Galicia, seguindo ao longo da rexión vinícola do río Miño a ambos lados do seu caudal en Galicia e Portugal.

Viaxar a modo

En E&W cren en rutas gastronómicas “Slow Way”, deténdose para sumerxirse realmente na cultura e a paisaxe, sen apresurarse nin facer grandes filas con multitudes de personas.

Non só viaxan a modo, senon que tamén o fan ben, sendo responsables, seguros e sostibles.

Os guías gastronómicos de Eat & Walkabout queren que te reúnas cos locais e degustes a comida, os viños, etc. que a terra ten para ofrecer.

Proba Trebella gratis

Sabémolo, as cousas hai que probalas. Contacta con nós e ven probar Trebella por un día sen pagar nada.