Comunicacción

Como elas din, en Comunicacción están especializados en xestión de redes sociales sen cuñados, nin sobrinos nin piratas de por medio.

Milennials con moita experiencia que ofrecen unha comunicación creativa e persuasiva para vender máis.

Crean, xestionan e deseñan a estratexia dixital da túa empresa para redes sociais. A túa comunidade estará atedida 24/7.

Crean textos seductores en castelán, inglés, italiano e galego para que o lector faga o que ti queiras que faga.

Fan que WhatsApp Business Marketing, CRM, Host e outras apps non se interpoñan no teu camiño.

Deseños 100 % personalizados que non só buscan o estético, senón que se centran en ser intuitivos, resolutivos e memorables para que vendan máis.

Deseñan e desenvolven a identidade visual da túa marca para destacar no mundo dixital.

Analizarán a presenza dixital do teu negocio e deseñarán unha estratexia a medida para que o teu proxecto sexa recoñecible, atractivo e sobre todo, que venda máis.

Formación específica, a medida e en “tempo real” dirixida a traballadores por conta allea, autónomos e empresas. 100 % práctica e personalizada.

Un servizo deseñado para empresas sen ánimo de lucro, asociacións, clubes que buscan mostrar a súa labor social ao mundo dixital.

Convertiranse no departamento externo de marketing da túa empresa: un equipo profesional ao teu servizo sen SS, pausas para o café nin baixas.

Proba Trebella gratis

Sabémolo, as cousas hai que probalas. Contacta con nós e ven probar Trebella por un día sen pagar nada.