Como Darwin

En Como Darwin axudan a facer crecer as empresas mediante a xestión de recursos e equipos autónomos.

Ofrecen formación, identifican oportunidades de mellora e implementan proxectos para que as pequenas e medianas empresas sexan máis competitivas.

Contan cunha ampla experiencia traballando en diversos proxectos dentro de empresas internacionais e actualmente dedícanse á mellora de procesos e á definición de estratexias en PEMES.

Buscan que os seus clientes sexan capaces de entregar máis rapidamente ao cliente, con maior calidade e que o seu equipo estea motivado e con metas claras.

Realizaron proxectos con empresas en diferentes etapas de madurez respecto á optimización dos seus procesos: creación, consolidación ou expansión do sistema de mellora.

Contacta con Como Darwin

Proba Trebella gratis

Sabémolo, as cousas hai que probalas. Contacta con nós e ven probar Trebella por un día sen pagar nada.