A cultura é de tod@s!
Trebella é un espazo vencellado á cultura, a creación ao arte, á sociedade. Un lugar flexible, no que presentar un libro, pintura ou escultura, o que ti elixas. Aquí queremos reunirnos, de xeito humilde, gozar das cousas fermosas, que forman parte de nós e dar a oportunidade a que ti poidas facelo, coa túa xente.
2.2.19 • Inauguración de Trebella
En Febreiro do 2019 Lares presentou un proxecto único: o espazo de traballo “Trebella” para empresas e profesionais en Cangas do Morrazo. Un evento irrepetible no que centos de amigos, clientes e curiosos se achegaron a coñecer o local e tamén a vivir connosco este momento.