O teu lugar de traballo.

Trebella componse de oficinas independentes, unha zona de traballo compartido (coworking) e áreas comúns, todas elas moi prácticas. Bótalle unha ollada!

Sala JJiménez

/ OFICINA OCUPADA

Sala JJiménez  NON DISPOÑIBLE 

/ OFICINA

Espazo de 11 m² con acceso a espazos comúns. Con climatización programable, independente do resto do local. Estancia moi luminosa con sol directo de mañá e vistas abertas.

Mobiliario de oficina de calidade profesional. Equipada cunha mesa de traballo dobre, 1 ou 2 sillas directivas de alta calidade (regulable en altura, reclinable e con resposabrazos regulables), 2 sillas confidente, 1 moble modular e lámpada led de deseño.

É a oficina máis económica, sendo a mellor opción para os que buscan máis privacidade que a que proporciona un posto de coworking, mantendo en cambio un prezo mínimo para unha oficina propia e independente.

Oficina privada de 11 m² con acceso a espazos comúns. Con climatización programable, independente do resto do local e portelo automático. Estancia impresionantemente luminosa con sol directo de mañá e vistas abertas.

Mobiliario de oficina de calidade profesional. Equipada cunha mesa de traballo, unha silla directiva de alta calidade (regulable en altura, reclinable e con resposabrazos regulables), 2 sillas confidente, 1 moble modular e lámpada led de deseño.

É a oficina máis económica por situarse no interior do espazo, sendo a mellor opción para os que buscan máis intimidade e privacidade que un posto de coworking, mantendo os gastos mensuais na mínima expresión para unha oficina propia e independente.

 NON DISPOÑIBLE  Sala MUV

/ OFICINA

Sala MUV

/ OFICINA OCUPADA

Oficina de 45 m² impecable, para comezar a desfrutar sen necesidade algunha de investimento (agás os mobles).

Coma sempre en Trebella, inclúe: internet (fibra óptica de alta velocidade simétrica de 1 xiga), climatización individual (aire quente e frío), alarma e gastos (luz, auga e lixo).

Ademais poderás facer uso das zonas comúns de Trebella: sala de xuntas (con prereserva), zona de descanso con cociña e baño adaptado.

Oficina de 45 m² impecable, para comezar a desfrutar sen necesidade algunha de investimento (agás os mobles).

Coma sempre en Trebella, inclúe: internet (fibra óptica de alta velocidade simétrica de 1 xiga), climatización individual (aire quente e frío), alarma e gastos (luz, auga e lixo).

Ademais poderás facer uso das zonas comúns de Trebella: sala de xuntas (con prereserva), zona de descanso con cociña e baño adaptado.

Sala Begoña

/ OFICINA OCUPADA

Sala Begoña  NON DISPOÑIBLE 

/ OFICINA

A oficina máis versátil do espazo, que conta con dúas estancias comunicadas e con dobre acceso dende o corredor.

Conta con 26 m² e capacidade para albergar dous despachos completos con mesas de capacidade máxima de 4 persoas cada unha.

Climatización programable independente do resto do local e portelo automático propio. Mobiliario profesional incluído axeitado ás necesidades dos clientes.

Excepcionalmente luminosa, con 3 enormes ventás, sol directo de mañá con vistas abertas á praza Fina Acuña. Un espazo aberto ao exterior, sen as súas posibles molestias, con fiestras dotadas de vidros con filtro solar e protección acústica e incluso estores con filtro solar.

A oficina máis grande do espazo, luminosa, que conta con dous despachos privados, enormes ventanais e sol directo.

Independente, con capacidade para dous postos de traballo e atención a clientes en ambientes diferenciados, con dous accesos propios dende o corredor. Climatización programable, independente do resto do local e portelo automático propio. Estancia excepcionalmente luminosa, con 3 enormes ventás, sol directo de mañá con vistas abertas.

Mobiliario de oficina de calidade profesional. Equipada con dúas mesas de traballo (unha delas con doble posto), 2 sillas directivas (regulables en altura, reclinables e con resposabrazos regulables), 4 sillas confidente, 2 mobles modulares, lámpadas led de deseño e incluso estores con filtro solar.

 NON DISPOÑIBLE  Sala Trastoy

Sala Trastoy

/ OFICINA

OCUPADA / OFICINA

Espazo privado de 13 m² con acceso a espazos comúns. Situada na entrada, ten unha gran fiestra na fachada principal de Trebella, na Rúa Andalucía.

Conta con climatización programable, independente do resto do local e portelo automático. Mobiliario de oficina de calidade profesional, equipada cunha ou dúas mesas de traballo, 1 – 2 sillas directivas (regulables en altura, reclinables e con resposabrazos regulables), sillas confidente, moble modular e 2 lámpadas led de deseño.

Coma sempre en Trebella, inclúe: internet (fibra óptica de alta velocidade simétrica de 1 xiga), climatización (aire quente e frío), gastos (luz, auga e lixo).

Oficina privada de 13 m² con acceso a espazos comúns. Situada na entrada, ten unha gran fiestra sobre a fachada principal de Trebella, na Avenida de Andalucía.

Conta con climatización programable, independente do resto do local e portelo automático. Mobiliario de oficina de calidade profesional, equipada cunha mesa de traballo, 1 silla directiva (regulable en altura, reclinable e con resposabrazos regulables), 2 sillas confidente, 1 moble modular e 2 lámpadas led de deseño.

Coma o resto, inclúe: Internet (fibra óptica de alta velocidade simétrica de 1 xiga), climatización (aire quente e frío), seguro e gastos (luz, auga e lixo).

 DISPOÑIBLE  COWORKING

DISPOÑIBLE

COWORKING

A PARTIR DE 90 € + IVE / ESPAZO COMPARTIDO

-25 % DE DESCONTO DURANTE OS 3 PRIMEIROS MESES*

Zona polivalente dotada de 8 postos que se adaptan á túa xornada, de 8:00 h a 20:00 h, de luns a venres.

Está situado no corazón de Trebella, unha estancia excepcionalmente luminosa con vistas abertas.

Conta con mobiliario de calidade profesional, mesa de traballo o suficientemente ampla como para albergar varios monitores. Silla directiva, regulable en altura e reclinable, con reposabrazos elevables. É tan ergonómica que a todas e todos lles encanta.

O teu posto de coworking, que che da acceso a tódalas zonas comúns de trebella, as súas comodidades e vantaxes, como internet 1 xiga, cociña, sala de reunións, etc.

* O desconto aplicarase para contratos de alomenos 6 meses

Zona polivalente dotada de 8 postos que se adaptan á túa xornada, de 8:00 h a 20:00 h, de luns a venres.

Está situado no corazón de Trebella, unha estancia excepcionalmente luminosa con vistas abertas.

Conta con mobiliario de calidade profesional, mesa de traballo o suficientemente ampla como para albergar varios monitores. Silla directiva, regulable en altura e reclinable, con reposabrazos elevables. É tan ergonómica que a todas e todos lles encanta.

O teu posto de coworking, que che da acceso a tódalas zonas comúns de trebella, as súas comodidades e vantaxes, como internet 1 xiga, cociña, sala de reunións, etc.

Zonas Comúns

Dispoñibles para todos os trebellos e trebellas

sala-de-xuntas-trebella-cangas sala-de-xuntas-trebella-cangas Sala de xuntas O espazo está capacitado tecnolóxicamente, cunha pantalla de 50", acceso a internet, é cómoda para facer reunións privadas. Climatizada de xeito independente ao espazo xeral, cun sistema para evitar o eco, especialmente útil nas videochamadas.

A Sala de reunións está a disposición de tódolos usuarios do espazo. Para cordinar o seu emprego temos un Google Calendar no que é preciso reservar con 24h de antelación, ainda que tamén se usa de xeito áxil cando está baleira.
Sala ampla, de 7 postos, de 11 m², situada nunha zona tranquila do espazo.

Completamente independente e illada termoacústicamente para xuntanzas agradables e privadas.
sala-de-xuntas-trebella-cangas cocina-completa-trebella-cangas Cociña Situada no corazón do espazo, conta con fermosos acabados en Silestone combinados con madeira de fresno. Ofrece un respiro para todos os que se queiran tomar un instante na súa apretada axenda para repoñer forzas. Microondas, neveira, fervedoiro de auga, cafeteira, colectores de reciclaxe e espazos de almacenaxe para cada trebello/a son algunhas das cousas que atoparás na cociña de Trebella.

Porque tan importante é traballar como ese cafeciño de media mañá.
sala-de-xuntas-trebella-cangas bano-accesible-trebella-cangas Baño accesible A accesibilidade e comodidade para persoas con diversidade funcional son elementos transversais ao espazo de traballo.

Gústanos que estea sempre impecable, listo para que o empreguen os clientes e visitantes e por suposto, os traballadores.

Trebella en 360º

Dalle ao play e coñece Trebella dende tódolos ángulos no percorrido virtual UltraHD feito por Lares

Proba Trebella gratis

Sabémolo, as cousas hai que probalas. Contacta con nós e ven probar Trebella por un día sen pagar nada.